A Policía Local de Moaña, en colaboración coa Garda Civil, conseguiron deter este luns a un home, veciño de Cangas, que tentaba forzar cunha pata de cabra a porta de entrada do quiosco situado fronte á estación marítima. Foron os propios veciños da zona quen alertou sobre as 23:30 horas do que estaba a suceder.
Segundo a Policía Local, púxose en marcha unha operación de procura que deu como resultado a detención do suposto autor preto do peirao da Mosqueira. Tamén se localizou a pata de cabra nunha papeleira próxima ao chiringo. O home é veciño de Cangas e xa conta con varios antecedentes. Acúsaselle dun delito de roubo con forza.