Aseguran que contan con todos os permisos para tallar o San Benito a falta do de Patrimonio, pendente dunhas últimas alegacións que terán que presentar antes do 3 de maio
O ambiente está moi caldeado. E é que os últimos rumores sobre un posible envelenamento do eucalipto situado no adro da igrexa de San Benito de Domaio están a facer saltar as faíscas na veciñanza e nos colectivos que impulsaron a obra (comisión de festas de San Benito, asociación de veciños Monte Faro e a Comunidade de Montes de Domaio), que mostran asombrados e encabuxados pola polémica. A sombra da sospeita xurdiu semanas atrás cando se fixo pública a intención destes colectivos de tallar a imaxe do santo no tronco da centenaria árbore. Nese momento detectáronse uns buracos no tronco compatibles coa broca dun trade coincidindo coa presenza dun vehículo da Comunidade de Montes nas inmediacións, segundo relatan algunhas testemuñas. Todo sumado a comentarios que apuntan á inxección de produtos para provocar a morte do eucalipto. A tormenta perfecta para un incendio que está moi vivo e que dividiu á parroquia en dous bandos. Os que pensan que se ha urdido unha trama para matar a árbore e quen defende que había que poñerlle solución ante o perigo que supón para as persoas e para a propia capela mantelo nas condicións actuais.
Tanto a Comunidade de Montes como a Asociación de Veciños aseguran que esta historia vén desde moi atrás, de 2001, cando se tallou outro eucalipto do atrio algo máis pequeno pero que se atopaba en mal estado. O seu xemelgo, no que pretenden «debuxar» a imaxe de San Benito, mantívose polo seu tamaño e pola proximidade ao cableado. Nese momento, explica o presidente veciñal Luís Varela, obtivéronse os permisos para executar a tala pero ao non facelo finalmente acabou «derramado». Ante esta situación, sumada á falta de mantemento provocada pola pandemia, os tres colectivos tomaron hai uns meses a decisión de tallar a San Benito aproveitando a boa man e a profesionalidade do tamén moañés José Antonio Fervenza ‘Yosi’.
E é a partir de aquí onde empeza a polémica e a sombra do envelenamento. O presidente da Comunidade de Montes de Domaio, Rubén García, moi molesto por todo o que está a ocorrer, nega rotundamente que se tentou danar ao eucalipto e asegura que precisamente o que se fixo é todo o contrario. «O que se lle puxo á árbore a través desas perforacións é un tratamento para quitarlle a circulación da sabia e que a árbore vaia parando a súa actividade», explicou a Morrazo Noticias, «sempre baixo a supervisión do mesmo enxeñeiro forestal que os colectivos contrataron anos atrás cando se actuou co outro exemplar do atrio. Quixo deixar claro que «ese material que se lle aplicou non afecta a árbore nin ás raíces» e, por suposto, negou rotundamente o uso de glifosato.
Pendente de presentar alegacións á negativa inicial de Patrimonio
Rubén asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio rexeitou a proposta de tallar a San Benito no eucalipto centenario porque o bosquexo que incluía o proxecto non era o apropiado polo seu deseño e polo tamaño, de seis metros de altura. Agora teñen ata o 3 de maio para presentar alegacións e confirma que así o farán, propoñendo unha figura máis pequena, cunha planimetría en 3D, que non afecte á estética da contorna. «Vai facer, se non de tres, de dous metros e se non é posible, pois se talla e listo pero así non pode quedar, é un perigo», afirmou o presidente dos comuneiros de Domaio.