A Policía Local de Moaña nun control de alcol e drogas.

Un veciño da parroquia de Berducedo, en Moaña, foi detido esta mañá por un presunto delito de violencia de xénero. Tras ser alertados por varios veciños ante os choros e berros da muller, a Policía Local desprazouse esta mañá, ao redor das 9:00 horas, a unha vivenda de Berducedo e ao chegar ao lugar comprobou que se trataba dunha agresión e ameazas graves por parte do home. O presunto responsable foi detido e levado ata as dependencias da Garda Civil de Moaña, que colaboraron na detención. A vítima foi trasladada en ambulancia a urxencias.

Ademáis, está madrugada os axentes fixeron varios controles de alcoholemia cun resultado de cinco denuncias administrativas e unha por delito cun resultado de 0’79.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *