Descubre Moaña na Primaveira regresa á actualidade cun paquete de nove rutas para coñecer a paisaxe, a historia, a cultura e aos veciños do municipio as fins de semana dos meses de abril e maio. Segundo a concelleira de Turismo, Coral Ríos, son as rutas «máis atractivos» das que se fixeron ata o momento porque «queremos espertar as ganas da xente de regresar a Moaña».
A primeira será o sábado 9 pola parroquia de San Martiño, o lugar onde naceu Moaña, e no que destaca a súa igrexa do X VII. Este é unha das rutas máis demandadas, pero non a única. As Canteiras do Litoral de Moaña, que discorre pola zona de O Latón, «ou meu barrio», apostila Ríos, tamén goza de éxito de participantes. Neste caso está prevista para o domingo 10. O domingo seguinte, o 17 de abril, un roteiro familiar como a Intermareal de Tirán «onde a marea baixa permite gozar aos nenos buscando bichería e despois descansar na zona da praia da Videira».
Sen dúbida, o roteiro dos roteiros, é a do ‘Último Barco’, baseada na novela de Domingo Villar, que sempre acaba tendo lista de espera para asistir. Será o domingo 24. O sábado 30 regreso a coñecer en profundidade a parroquia de San Martiño.
Xa o 7 de maio, percorrido polo popular sendeiro de Rialdarca e o domingo 15 polo da Fraga de Moaña. Unha semana despois, o 22, repítese a ruta polo pasado industrial do barrio de O Latón coas Canteiras do Litoral e o domingo 28, para terminar a programación, A Moaña Mariñeira.
«Descubre Moaña é un motivo para vir, coñecernos, coñecer a nosa paisaxe, gozar dun bo domingo ou sábado e despois quedar a comer en Moaña», anima a concelleira.
Todos os roteiros serán de balde, comezarán ás 10:30 horas e necesitan inscrición previa a través de WhatsApps no teléfono 611080853. A normativa Covid xa non pon límite de participantes cun máximo establecido pola organización de 35 persoas por ruta.