Javier Carro no pleno de febreiro.

O líder de XM, Javier Carro, pregunta ao concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás, se foi a Madrid a reunirse co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, do mesmo cor política, para «desatascar» o paseo da Xunqueira. «Foi unha das súas grandes promesas electorais. Durante dúas semanas de campaña, o PSOE anunciou mediante megafonía que irían a Madrid a reunirse co presidente Pedro Sánchez para solucionar o corte actual do paseo», lembra Carro, que reproduce as palabras que en campaña electoral defendía Curras: «Nos vindeiros anos só un goberno liderado polo PSOE en Moaña pode garantir unha interlocución co novo executivo de Pedro Sánchez en Madrid, para rematar por fin vos paseos do tramo urbano nas zonas de Seara e a enseada de Meira…».

Así, o líder independente quere saber «que está a facer o Sr. Currás con este problema ou se só preocúpalle cobrar a fin de mes».

Desde XM din telo «claro» e aseguran que «ao Sr. Currás queda grande ser concelleiro, queda grande defender as súas promesas esquivándoas coa implantación de novos sinais de tráfico que buscan desviar a atención a un dos 3 grandes problemas importantes do noso pobo».

Carro pide ao concelleiro que «deixe de mentir» e que «cumpra coa súa promesa».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *