O desprendemento do talud de O Cocho.

A concesionario será a que teña que asumir o arranxo do vial

Segundo informa o Porto de Vigo, a orixe do desprendemento do talud que suxeita o vial de acceso á praia de O Cocho foi un problema nunha tubaxe de Aqualia que conecta coa depuradora da Guía. Así llo notificou no día de onte o Concello de Moaña á Autoridade Portuaria de Vigo como titular da estrada que dá acceso aos estaleiros.

Á primeira hora da mañá do pasado martes un particular avisaba á Policía Local de Moaña do desprendemento. Ao chegar os axentes comprobaron que o movemento de terras era “considerable” e que había un buraco importante baixo o asfalto deixando ao aire e desprazando tanto a tubaxe do saneamento como a de abastecemento do colexio de A Guía. Por iso, e como medida de seguridade, procederon a sinalizar a calzada para evitar que os vehículos pasasen por encima. Tamén apreciaron que unha das arquetas bombeaba auga a gran presión.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí