Os furtivos buscan calquera lugar para conseguir o seu obxectivo e dálles igual o significado que teña. O último foron os lavabos do cemiterio de Santa Cristina de Vilaboa, que onte amencían cheos de area, con restos de marisco por todas as partes e totalmente inutilizables. Mariscadoras do municipio denunciaron a situación a través das redes sociais a través deste vídeo no que mostran o estado en que quedaron as instalacións do camposanto e a través do que piden colaboración para tratar de pillar aos autores e, no caso de que se lles ocorra volver, poder cazalos in fraganti. «Imos facer equipo para votar esta lacra das nosas praias», piden.