Regades esta mañá coa militancia de Vilaboa.

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, David Regades, mantivo hoxe un encontro coa militancia de Vilaboa dentro do percorrido que está a facer pola provincia de Pontevedra para visitar todas as agrupacións no marco da campaña de Primaria que remata o domingo 23.

O obxetivo desta reunión é escoitar á militancia da localidade e coñecer de primeira man a realidade concreta para implementar posibles solucións desde as administracións gobernadas polo PSdeG-PSOE.

O candidato ás Primarias expuxo aos militantes socialistas con detalle o seu programa para a provincia no que o municipalismo e as agrupacións pequenas seguirán a ser prioritarias sen restar protagonismo ás liñas de traballo en favor da igualdade, con medidas concretas que rematen coa discriminación da muller. “Teño moi claro que hai dúas cousas que nos igualan. A primeira é ter acceso a unha educación de calidade. E a segunda ter un salario. Un posto de traballo é garantía de independencia e liberdade”, concluíu David Regades.

O municipalismo, a igualdade nun proxecto de carácter feminista e a integración e a cohesión do partido son por tanto as bases do programa co que David Regades concurre a este proceso de elección interna na provincia.

Destacou tamén o potencial da agrupación de Vilaboa para apostar polo desenvolvemento económico e social do municipio.

David Regades estará mañán domingo coas agrupacións de Bueu, Cangas e Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *