Os mozos Darío Rodríguez e Mateo Sendín fixéronse cos premios do certame de cómic Concello de Moaña 2021, cuxos galardóns colleron nun acto celebrado no palco da música esta fin de semana. O mesmo no que se realizou un resumo do Festival de Curtos Ai Mo.S.A. con 142 minutos de proxección dividido en tres bloques.
Comezou coa presentación a cargo de Abel Villar, alumno do IES María Soliño, que arrincou a actividade cantando unha adaptación en galego do tema de Miguel Bosé «Nena», adaptado ao Mosa do Festival Aiii. Mo. S.A. Tras el, o alumnado do IES A Paralaia coa emisión dun mediometraje (Valores é ti) e un documental (Era o meu xoguete, meu rei) de 20 minutos de duración cada un. A continuación, 20 minutos a cargo do IES As Barxas a través de tres curtos sobre «Como ligar en tempos de Pandemia», documental sobre Reggetón e canción original de Ainhoa. Os últimos, os alumnos de bacharelato de artes María Soliño con nove curtos sobre diferentes temas: violencia machista, diversidade, consumo, tempo, adiccións… e o mediometraje «Se chove que chova».
Como guinda da festa, dúas pezas orixinais de Lua Leila do Soliño.