Paseo do Con.

A AVV de Tirán celebra que se realicen investimentos en Tirán, máis aínda cando son para resolver problemas como o das perigosas pasarelas de madeira do Con pero neste momento, a directiva mostra a súa «estupefacción» ante a adxudicación dunhas obras das que «non coñecemos absolutamente nada do que se vai
a facer e precisamente cando hai ben poucos días dirixímonos a Portos de Galicia
interesándonos novamente polo asunto». «Esta ausencia de comunicación durante a redacción dun proxecto no itinerario do Camiño Real resulta incomprensible, tendo en conta os esforzos desta Asociación Veciñal», sinalan.

O Paseo do Con, din, forma parte do 25 por cento restante do proxecto do Camiño Real que xa se está poniendo en práctica ao 75 por cento, e este investimento de Portos de Galicia de máis de medio millón de euros «debe contribuír a acadar esta infraestrutura tan básica como é un itinerario accesible e inclusivo, para todas as persoas de calquera idade e condición física, que permite facer calquera desprazamento comprendido entre as estacións de ría e acceder a todos os barrios, servizos e equipamentos que conecta ese camiño».

Precisamente, a alcaldesa, Leticia Santos, conversou sobre este asunto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na súa visita á praia da Xunqueira. A rexedora cre que esta conexión será posible e prevé falar diso con Portos de Galicia próximamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *