A Casa dá Mocidade pon en marcha a actividade denominada «Aulas en Ruta» dentro da que se inclúen os cursos de informática e robótica para mocidade de entre 10 e 16 anos ao aire libre.

A intención da concellería que dirixe Daniel Costas é que arrinquen o próximo 2 de agosto e que se realicen en diferentes puntos de Moaña para facilitar a presenza dos alumnos. O luns 2 e o 16 a cita é no Adro da Illa de Samertolameu, o mércores 4 e o 18 de agosto serán no CSMJ Castroviejo, venres 6 e 20 na Praza do Concello, luns 9 e 23 no Centro Social Rosalía de Castro e os dias 11 e 25 de agosto no C. C. Berducedo.

Todos se realizarán en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas e como máximo poderán asistir 9 persoas por grupo. Para anotarse poden facelo no link: https://concellodemoana.org/cMo-casadamocidade/aulas-en-ruta/ e para máis información no mail cemit.moana@xunta.gal ou no 616804107.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *