Javier Carro, líder de XM.

Nunha semana Moaña disparou o número de contagios. Hoxe a cifra é de 109 casos activos

O portavoz de Coalición Independente por Moaña (XM), Javier Carro, solicita ao goberno local a «suspensión de todos os actos onde poida darse unha aglomeración de persoas tanto en interiores como en exteriores e que sexan patrocinados ou promocionados polo Concello debido ao gran incremento de casos de Covid-19 no municipio».

Carro considera que «ao recibir a moita xente dos pobos de ao redor, o risco é maior e difícil de poder conter, polo que a contaminación aos veciños de Moaña pode ser moito máis alta. En consecuencia, isto pode dar lugar a posibles restricións coas que todo o tecido empresarial veríase comprometido e, por tanto, provocando o peche de negocios».

Para o líder de XM, «os políticos deben responder e corresponder cos nosos veciños e velar polo seu futuro».

Moaña disparou en pouco máis dunha semana o número de contaxios. Neste momento o Sergas contabiliza 113 casos cando fai sete días había menos da metade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *