Cribado levado a cabo en Marín no mes de abril.

Convocarase a 517 persoas no Parque Eguren o venres pola tarde ás de 19 anos e o sábado ás de 18 anos

Marín conta hoxe con 16 casos activos, 7 máis de onte. Un incremento de positivos que poñen en alerta ás autoridades sanitarias, que decidiron convocar a 517 mozos de 18 e 19 anos do municipio a un cribado de PCR esta fin de semana no Parque Eguren. Os de 19 terán que acudir o venres pola tarde e os de 18 anos o sábado tamén en horario de tarde. Segundo informa o Concello, a maioría dos casos detectados son do variante Delta pero de momento non se sabe exactamente se ten relación co brote de Mallorca.

Os convocados recibirán unha notificación a través dunha mensaxe no móbil asociado á tarxeta sanitaria.

Ademais, informan de que segue activo o test de saliva nas farmacias para aquelas persoas que non teñan síntomas e que non estean convocados ao cribado do Eguren.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *