A Alcaldesa e os concelleiros Cristina Acuña e Manuel Santos izando a Bandeira.

Os areais de Marín xa teñen izadas as súas Bandeiras Azuis. Esta mañá, a alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Cristina Acuña e Manuel Santos e do persoal de socorrismo de Mogor elevaron o pano azul que distingue a calidade medio ambiental dos areais.

Ademais da calidade da auga, a ADEAC tamén premia outras cuestións relativas á boa saúde das praias e aos servizos que se prestan, como o balizamento, o socorrismo, as duchas e lavapés, a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida…

Con esta distinción, remárcase que todas as praias da nosa vila contan con todos eses servizos dispoñibles e dotan de novos, como por exemplo a nova área de sombra para persoas con mobilidade reducida que se habilitou en Portocelo.

Por outra banda, xa están habilitadas as parcelas de aparcadoiro públicas na contorna das praias para aumentar a dotación de espazo onde deixar o coche.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *