O motivo son reparacións de mantemento que se van realizar na rede de abastecemento

O Concello de Marín informa de que o vindeiro xoves, día 23, procederase ao corte no subministro de auga por mor dunha serie de reparacións de mantemento que se van realizar na rede de abastecemento.

O corte no subministro producirase dende as 09.00 ás 21.00 horas e afectará ás seguintes
zonas:
• A Roza
• Carballal
• Marín de Arriba
• Viñas Blancas
• A Raña
• San Pedro
• Souto do Carregal
• O Pituco
• Marco
• Pedreiras
• Estivada
• Arealonga

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *