La concelleira de Educación, Marián Sanmartín.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anuncia que o luns 28 de xuño terán lugar na Biblioteca Pública Vidal Pazos as reunións destinadas ás familias para a organización dos campamentos de verán de conciliación organizados polo Concello.

Co obxectivo de non superar o aforo do salón de actos da Biblioteca e de cumprir con todas as normas sanitarias, realizaranse tres reunións seguidas para cada unha das quendas:

● Ás 20.00 horas, para a primeira quincena de xullo
● Ás 20:45 horas, para a segunda quincena de xullo
● Ás 21.30 horas, para o campamento de Mogor

Pago da praza

Hoxe remata o prazo para o pago telemático da praza asignada, por un valor de 30 euros. Para todos os que aínda teñan pendente a realización do pago, a partir de mañá poderá facerse únicamente de xeito presencial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *