A concelleira cos representantes das ONG's de Marín.

Tal e como ven sendo habitual, esta mañán tivo lugar no concello de Marín a reunión de coordinación con todos os colectivos sociais que se encargar de facer a axuda social entre as persoas que son derivadas a través dos servizos sociais municipais.

Dentro do programa que levan a cabo e das accións que realizan son coordinadas entre todos como estes pasados anos tratando de unir esforzos e ser todavia máis eficaces.

Para elo, a través do departamento de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Marián Sanmartín e coa presencia da xefe de servizo do departamento, se coordinan as actividades a levar a cabo entre todas elas para este Nadal.

Entre a programación deseñada destacan o principais eventos e actividades
do ano pasado.

Axudas

Outro dos temas que se deu a coñecer era a axuda que percibirán como subvención nominativa cada unha das distintas asociacións, que se viron incrementadas neste orzamento e de cuios importes deu conta a concelleira, quedando en poñer en marcha as actuacións administrativas correspondentes para a súa aprobación, sinatura de convenios e posterior xustificación para proceder ao seu cobro, que ascenden este ano a 12.000 euros.

ASOCIACIÓN SOLIDARIA SOR ELVIRA: 3.000 €
AMENAC: 3.000 €
CÁRITAS SANTOMÉ: 1.000 €
SAN VICENTE DE PAÚL-COMEDOR:- 5.000 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *