Membros do goberno local con representantes das entidades veciñais participantes na presentación desta edición de Cine na Rúa.

Moaña fai público o cartel de Cine de Verán ou Cine na Rúa, que este ano inclúe dúas novas localizacións. Unha na parroquia de San Martiño e outra nos Xardíns do Concello. A primeira sesión arrincará este venres no parque infantil de Tirán coa proxección de «Live is Live». O luns 24 será no aparcamento de Centro Sociocultural Daniel Castelao con «El Buen Patrón» e o sábado 5 de agosto «O Corpo Aberto» nos Xardíns do Concello.

O Adro da Peregrina converterase en sala de cine o venres 11 de agosto para proxectar «Encanto». A praza 25 de xullo, no barrio do Rosal, emitirase «O Monstro Mariño» o venres 18, «Contorna» no CEIP Domaio o 25 e, finalmente, o adro da Capela dos Milagres pechará este ciclo o venres 8 de setembro con «Demos de Barro».

Este Cinema na Rúa está organizado polo Concello de Moaña en colaboración coas asociacións de veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *