A Policía Local de Moaña anuncia que desde hoxe e ata que finalicen as Festas do Carme incrementarase o número de controis aleatorios de alcol e drogas como medida de prevención e para evitar o seu consumo ao volante.
Aínda que estes días o número será maior, durante o resto do ano tamén realizan este tipo de actuacións. Na madrugada do pasado martes fixeronse varias probas de alcol e drogas cun resultado dun delito contra a Seguridade Viario a detectar unha taxa de alcol de 0.98 e outro por drogas, ao que se lle impuxo unha denuncia administra.