Estado no que quedou o vehículo tras o accidente.

Esnaquizado, así quedou un coche esta mañá na PO-313, a estrada Moaña-Marín, á altura do miradoiro da Fraga. Ocorría ao redor das 8:00 horas desta mañá cando o condutor perdía o control do vehículo e saíase da vía. O home resultou ferido, aínda que de momento descoñécese a gravidade.

Ata o punto trasladáronse a Policía Local e a Garda Civil, que se fixo cargo de tramitar as dilixencias do accidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *