Escolleranse os mellores caldos participantes da IXP Ribeiras do Morrazo e dos viticultores locais

Un xurado formado por cinco profesionais do sector do viño serán os responsables de evaluar a calidade dos caldos que concurrirán á IV Cata Profesional das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo que se celebrará en Riomaior no marco da X Festa do Viño e máis á cata dos viticultores locais. Juan Maquieira, Javier Pérez, José Dopazo, Juan Carlos Vázquez e Estrella
Fernández, profesionais de recoñecido prestixio no mundo do viño, serán quenes escollan, este sábado a partir das 12 horas, os caldos gañadores nas diferentes categorías.

O goberno local agradece especialmente a colaboración de José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural pola súa colaboración continuada na organización deste evento, no que actuará este ano como fedatario.

A cata profesional desenvolverase de xeito simultáneo ao concurso-cata dos viños locais. I é que na Festa do Viño de Vilaboa daranse cita Elisa Ruibal García «Casa da Boullosa»; Manuel Conde Conde; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro «Casa da Torre»; Manuel Rúa “Casa Quinteiro”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Adega Ardán (Marín); Adega Mosteiro de Poio (Poio); «Adega Os Areeiros» e José Blanco Martínez «Quinteiro de Sabela» que someterán os seus viños tamén ao ditamen do público asistente, nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 3 euros, retornables en caso de devolvela en perfectas condicións.

E para os que opten pola Festa do Viño de Vilaboa para xantar haberá postos de comida. Churrasco e polvo serán elaborados por Iván, un pulpeiro local, na mesma carpa instalada baixo o viaducto de Riomaior. O bar Chancho será nesta edición o encargado de suministrar refrescos, augas e cafés para completar a sobremesa.

A programación cultural arrancará de xeito paralelo à apertura das casetas, de 12 a 24 horas, coa presenza na carpa das palilleiras de Vilaboa que farán demostracións do seu traballo e exporán pezas nun dos stands.

E pola noite, às 22 horas, terá lugar o concerto estrela desta Festa do Viño coa presenza de Milladoiro en Riomaior. O domingo continúa a programación coa apertura das casetas de 12 a 17 horas e a actuación do grupo de gaitas “Aires de Cobres” ás 12.30 horas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *