Coa chegada da primaveira Fecimo pon en funcionamento unha nova campaña de dinamización das compras entre as empresas de Comercio do Morrazo asociadas, na que se sortearán 1.500 euros en compras gratis para os clientes que merquen en local.

A campaña, que abarcará as datas do 23 de marzo ao 30 de abril do 2024, levarase a cabo a través da páxina www.comerciodomorrazo.com, onde as persoas consumidoras do comercio local asociado de Bueu, Cangas e Moaña poderán rexistrar os seus tickets de compras para que, con sorte, resulte nunha compra gratis.

Instruccións para o cliente:
1- Realizar unha compra ou servizo entre o 23 de marzo e 30 de abril nunha das empresas asociadas de Bueu, Cangas ou Moaña, dun importe mínimo de 10 euros.
2- Entrar na páxina www.comerciodomorrazo.com e pinchar no banner da campaña para rexistrar o ticket da compra realizada, na que debe indicar a empresa onde realizou a compra, o importe da mesma e o número do ticket rexistrado.

3-Gardar o ticket rexistrado, xa que, de resultar premiado, será notificado por parte de FECIMO e solicitado dito ticket de compra para a súa validación. (De non enviar o ticket de compra, non cumplirá os requisitos que marcan as bases para recibir o premio.)
4-De resultar premiado o seu ticket rexistrado, e unha vez validado dito documento por FECIMO, a empresa onde realizou a compra fará entrega ao cliente dunha TARXETA REGALO para volver a ser consumida nos establecementos asociados.

O sorteo terá lugar o vindeiro 3 de maio, ao remate da mesma, entre todos os tickets rexistrados.

Esta campaña, organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia e Abanca, axudará á dinamización da actividade do tecido comercial da comarca do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *