O edil non adsrito, Daniel Chapela, non asiste á “sinatura da morte do comercio e do aparcadoiro de Pazos Fontenla”. Critica “a falta de diálogo previo con entidades como ACIBU, FECIMO e o comercio local”, mentres acusa a Félix Juncal de “facerlle un trágala a toda a rúa, cun proxecto que se presentou feito, sen diálogo previo”.
Chapela reclamou “un plan de compensación para o comercio local, que vai sufrir os trastornos da obra durante máis de ano e medio”, ao tempo que reclamou “un diálogo real para calibrar a actuación no seu detalle”.
“O proxecto na actualidade propón un deseño incompatible coa principal arteria de Bueu, co paso de autobuses e camións etc.; un deseño incompatible coas necesidades e co tráfico do día a día”, sinalou. “É incomprensible que Rueda e o PP local respalden unha actuación que vai destrozar o comercio e o aparcamento de toda a rúa, como recoñeceron edís populares”, destacou.

