FICBueu para a finalización da curtametraxe ‘Marcos 2020’, á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín e a Asociación de Veciñanza de Tirán son os outros colectivos da comarca
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar 27 subvencións do
Departamento de Lingua a entidades culturais da provincia de Pontevedra
sen ánimo de lucro para a difusión e normalización do galego, quedando
fóra das axudas cinco colectivos. A deputada responsable da área, María
Ortega, subliñou que as axudas entregáronse a asociacións dunha ducia de
concellos da provincia cunha partida inicial de 150.000 euros.
Para a comarca do Morrazo concedéronse catro axudas: á Asociación
Cultural do FICBueu para a finalización da curtametraxe ‘Marcos 2020’; á
Federación de comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) para un proxecto de
dinamización da lingua no comercio local; á Asociación de Comerciantes da
Praza de Abastos de Marín, para fomentar o uso do galego nas compras da
praza e o consumo responsable; e ´a Asociación de Veciñanza de Tirán,
para a edición, e impresión e publicación de exemplares do número 38 de ‘O
Pecho’.
Para a concesión das subvencións, dende a Deputación valoráronse as
accións de fomento da creación e difusión cultural en lingua galega
(certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega), as actuacións en
materia de sociolingüística e toponimia (estudos e publicacións sobre
sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia… ),
o fomento do emprego do galego no comercio e na industria con xornadas,
campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega,
ou os recoñecementos e distincións, en relación a actividades, accións e
publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas
ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego.