Membros do equipo de goberno na Casa da Mocidade.

A Casa da Mocidade de Moaña encara o mes de abril chea de actividades que desenvolveranse de luns a venres de 15:00 a 21:30 horas e sábados de 17:00 a 23:00 horas.

A primeira será sábado 2 de abril con obradoiros de impresión en 3D. Haberá para todas ás idades. De 17:00 a 18:30 impresión 3d con vexetais para nenos e nenas de 7 a 12 anos e de 19:00 a 21:00 outro formativo de aproximación á impresión en 3D para persoas de 12 a 99 anos.

O sábado seguinte, 9 de abril, ás 18:00 horas, Paulo Pascual impartirá o obradoiro para aprender a toca o theremin baixo o título «Cómo acariciar a música no aire».

Xa en Semana Santa, apertura especial. O xoves 14, venres 15 e sábado 16 de abril, de 17:00 a 23:00 horas. Domingo, 17 de Abril, de 17:00 a 21:00 horas.

Unha vez pasadas as festas, o sábado 23 de Abril, a Casa da Mocidade acollerá o Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Fundional `FIC Andaina’. As 19:00 horas, pase oficial do Bloque I e as 21:00 segundo bloque do pase Oficial.

Para rematar o mes de abril, obradoiro de avistamento de aves. O venres 29 de abril as 18:30 e o sábado 30 de abril ás 10:00 quedada avistamento na Xunqueira. O formativo está organizado e dirixido polo grupo de anelamento Anduriña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *