Presentación do Cómic-Con Moaña no Concello no 2021.

Como consecuencia da pandemia, as actividades realizaranse en formato en online

Os afeccionados aos videoxogos están este ano de parabén. Haberá edición do Cómic-Con, organizado polo Concello de Moaña e os clubs de manga dos institutos de As Barxas e A Paralaia aínda que pola pandemia practicamente todas as actividades realizaranse en formato en liña. Poderán sumarse, ademais, todos os clubs da provincia que queiran tamén todas aquelas persoas que estean dispostas a participar previa inscrición no correo electrónico comiconmoana@concellodemoana.org. Será aí onde terán que enviar os seus datos persoais, teléfono e dirección para poder formar parte desta actividade e poder acceder á plataforma na que se realizará o Discord.

O programa que arrinca o sábado 22 e que se prolongará durante todo o domingo 23 de maio inclúe charlas e torneos. Precisamente, estes últimos estarán supervisados por moderadores e neles poderase intercambiar información, sempre controlada e silenciada para evitar perda de privacidade e control no uso dos datos, sobre as xornadas.

En canto ás charlas, o 22 de maio ás 12:00 horas terá lugar «50 años de la Shonen Jump», impartida por Oriol Estrada e o mesmo día, ás 19:00 horas «Animación». O domingo ás 12:00 horas Jonathan López-Beira encargarase da «Historia de los Samuráis».

A isto sumaranse premios para as persoas gañadoras en cada partida organizada con vales de 10 euros en paysafes.

A antesala, o venres

Como aperitivo deste Cómic-Con 2021, o venres ás 13:00 horas a organización emitirá polas redes sociais do concello o vídeo promocional realizado polo director e produtor Andrés Hermelo, en colaboración cos mozos que forman parte dos clubs de manga dos institutos moañeses. Precisamente, estes colectivos están a organizarse para crear unha asociación que recolla os seus intereses creativos relacionados co cómic, xogos de rol e diferentes actividades, pero, ademais, para continuar impulsando as seguintes edicións deste Cómic-Con Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *