O encontro desta mañá no Concello cos veciños de Cantodarea.

Celebrarase na Praza do Regueiro a partir das 21.30 horas, con aforo limitado a 835 persoas e cun estrito cumprimento de todas as medidas sanitarias

Os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos reuníronse esta mañá co xefe
da Policía Local, Benigno Blanco, e os representantes da Comisión de Festas de
Cantodarea para pechar os últimos flecos do protocolo para a celebración destes
festexos no barrio.

A diversión poráa a Orquesta París de Noia, que actuará o sábado 18 de 22.00 a
00.30 horas na Praza de Marqués de Valterra, con apertura de portas ás 21.00
horas.

Establecerase un aforo máximo, que será de 835 persoas, que poderán gozar da
festa de pé, con obligatoriedade de uso en todo momento da mascarilla. Ademais,
dentro do recinto do concerto estará prohibido comer, beber e fumar.

Desde o Concello, animan a que se volva reactivar pouco a pouco a actividade
lúdica das asociacións e invitan a toda a veciñanza a que goce dunha cultura
segura, cumprindo coas normas establecidas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí