Unha das actividades polo 25N no 2021.

Cangas está levando a cabo actos con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante todo este mes Campaña dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade que dirixe Victoria Portas difundiuse a campaña Relacións ConSenso, financiada cos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género. Está enfocada á mocidade e baseada nas relacións igualitarias.

A finalidade da campaña é concienciar en que só as relacións igualitarias, de respecto e con responsabilidade afectiva están libres de violencias sexuais. Relacións nas que dar e recibir coidados, relacións nas que pedir o que necesitamos e comprender o que necesita a outra persoa. Na que nos responsabilizamos dos nosos actos e do impacto que poden ter. Relacións ConSenso representa ás relacións consentidadas, consensuadas e coa capacidade sensitiva non mermada. A guía, eixo central da campaña, pretende apostar polas relacións baseadas no bo trato nas que as persoas poden sentirse libres. Así mesmo, da nocións das violencias sexuais e indicacións de como proceder ante as agresións sexuais.

Por outro lado, quedan materiais de Cangas en Negro na Casa da Xuventude de anos anteriores que poden ser recollidos polas persoas interesadas ata agotar existencias.

Actividades polo 25 de Novembro

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí