O Concello de Cangas solicita autorización a Augas de Galicia para sanear a contorna do río Saíñas, que sofre unha grave deterioración ambiental. Segundo manifestan, queren eliminar a maleza e as especies invasoras, reforzar os muros que teñen pedras xa caídas non leito do río. Desta forma, explican, «os patos volverán aniñar á altura do colexio, como facían antes, xa que agora impídello a maleza.
Aseguran que a comunidade educativa do CEIP A Rúa tamén demanda esta actuación, xa que utiliza o entorno como ferramenta pedagóxica.
Para esta limpeza, os veciños da Pedreira ofrecen a súa colaboración. O alumnado da escola obradoiro xa fixo a principios de ano unha limpeza da contorna, ata onde era posible sen a autorización de Augas de Galicia.