A alcaldesa Victoria Portas e o edil Mariano Abalo na baixada á praia cun técnico.

A alcaldesa, Victoria Portas, supervisou o remate dos traballos e recordou que esta actuación é unha “débeda cos veciños neste entorno”

A Baixada á praia de Menduíña, na parroquia de Aldán, estrenou hai uns días un novo sistema de iluminación pública de baixo consumo enmarcado no obxectivo global do Concello de implantar un modelo máis sostible e reducir o coste enerxético de edificios e instalacións municipais.

A iniciativa enmárcase no plan de eficiencia enerxética a través do cal o Concello de Cangas está a sustituir as obsoletas luminarias do termo municipal por outras de baixo consumo, o que supón un significativo aforro ás arcas municipais e que neste tramo supón unha considerable mellora na calidade da iluminación.

A nova iluminación no vial.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, supervisou o remate dos traballos de renovación do alumeado nun tramo cunha forte demandada veciñal xa que cando se construiron as beirarrúas nesta zona e se soterraron as liñas aéreas, foron eliminados a meirande parte dos apoios que sustentaban as antigas luminarias deixando no entorno unha iluminación moi deficiente. “Esta actuación era unha débeda que tiñamos cos veciños deste contorno que levan tempo padecendo os inconvintes dunha iluminación moi deficiente”, apuntou.

A UTE Alumeado Cangas foi a encargada da instalación dun total de 31 columnas troncocónicas de 7 metros con luminarias de tecnoloxía Led de 53 W en todo o tramo de beirarrúas. A actuación incluiu a retirada dos vellos apoios de formigón que suxeitaban as liñas aéreas e as escasas luminarias existentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *