Saúdo cos remos na escultura Remos e Vento de Proa situada frente ao Concello.

Embarcacións tradicionais da Ría de Vigo homenaxearon esta fin de semana ao escultor Manolo Coia. Ás 13:00 horas do domingo arribaron ao peirao da lonxa e desde aí os seus tripulantes realizaron unha camiñada ata a escultura Remos e vento de proa situada fronte ao Concello de Cangas.

A camiñada foi encabezada pola gamela » Rula», da Asociación Mar da Pedra, seguida por unha representación dos navegantes e dos seus remos, ademais de veciños que quixeron sumarse á iniciativa.

Realizouse unha parada mariñeira ante a escultura e izouse a vela da gamela tras un saúdo cos remos, acompañados do Quinteto Mediarea que interpretou música tradicional.

Un acto organizado polas Asociación de Amigos das gamelas «Mar da Pedra» no que tamén colaboraron a Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas e o Club de Remo Vila de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *