O Concello de Cangas convoca o tradicional concurso de beléns artesanais de dimensións reducidas .Poderán concorrer a este concurso todas as persoas e os colectivos (escolares, culturais e sociais) de Cangas que o desexen. A inscrición deberá realizarse no formulario que poderase recoller na Casa da Xuventude ata o 15 de decembro de 2021.

Según informa o consistorio, os beléns depositaranse na localización que lles asigne a organización os días 20 e 21 de decembro, para ser expostos ao público entre o 23 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022. A retirada dos beléns deberá realizarse necesariamente o 7 de xaneiro.

O conxunto artístico do Belén deberá estar montado sobre un taboleiro de madeira ou superficie ríxida dun metro por cada lado, como máximo, e os materiais e elementos que se utilicen para a confección do Belén serán libres.

Os premios

O xurado estará composto por dous membros do goberno local e tres técnicos municipais de Mocidade, Voluntariado e Cultura. Valorarán especialmente a confección das figuras presentadas, composición do conxunto, orixinalidade, unidade de estilo, grao de dificultade e execución.

O fallo darase a coñecer o día 4 de xaneiro 2022, a través dos medios de comunicación e do taboleiro de anuncios do Concello de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *