Dentro do marco das actividades en relación ao 25 de novembro o Concello de Cangas e Consello Municipal de Igualdade vai a levar a cabo durante este mes o Concurso de Guións Contra as Violencias dirixido aos Centros educativos de Secundaria. Unha iniciativa financiada cos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género. Os obradoiros vanse desenvolver ao longo do mes de novembro nos centros educativos de secundaria, comezando os primeiros obradoiros o 12 de novembro no Ies Rodeira.
A finalidade do programa é empregar o cine como ferramenta de prevención,
sensibilización e concienciación contra as violencias de xénero. Os traballos deben centrarse en promover valores ligados á igualdade e a prevención da violencia sexual. Co guión gañador realizarase a curtametraxe coa participación do alumnado. Participan Ies Rodeira, Ies María Soliño, Cpr Eduardo Pondal, Ies Montecarrasco e Cpr Casa de la Virgen. O concurso vai dirixido ao alumnado de 1º,2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Concello de Cangas.
Do venres 19 de novembro ao luns 29 vai desenvolverse a Campaña Cangas en Negro. A Campaña en Negro contra as violencias onde se propón vestir de loito á vila en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, para
que as rúas de Cangas sexan protagonistas para transmitir á veciñanza unha
mensaxe de denuncia e solidariedade. «Queremos un Cangas libre de violencias
machistas!» desenvolverase conxuntamente con máis dun centenar de
vilas e cidades galegas co obxectivo de por sobre as axendas, coa maior
contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un
problema público. A cartelería está dispoñible na Casa da Xuventude.
O Xoves 25 de Novembro ás 11:30h na rúa baixo o lema Contra as Violencias, Apúntate ao Bo Trato. O alumnado tomará o protagonismo nas rúas con diferentes propostas de acción no que participarán os centros Ceip Castrillón, Cpr Eduardo Pondal, Cpr Casa de la Virgen, Ies Montecarrasco, Ies María Soliño e Ies Rodeira.
As 11:30, “Treboada contra as violencias” do Ies Montecarrasco con aída Praza Constitución ata Praza das Pontes. Á mesma hora, posto “Netas de bruxas” do Cpr Eduardo Pondal e “Menos palabras e máis feitos” do Ceip Castrillón.
As 11:50 “Tecendo redes moradas” no Cpr Casa da Virxe, uns minutos máis tarde “Nin unha menos” do Ceip Castrillón, “Manifesto” no Ies Rodeira, ás 12:20h. “Pandereteiras” no Ies Montecarrasco e ás 12:30 “7 razóns para dicir non” no Ies María Soliño.
Ás 20:00h terá lugar a manifestación con saída da Praza do Concello e lectura do manifesto colectivo Contra as Violencias do Consello Municipal de Igualdade.
Xa o sábado 27 de Novembro ás 17:00 h. primeira parte do obradoiro de autodefensa persoal para Mulleres. Este curso ten como obxectivo dotar de habilidades na defensa persoal e traballar as autocapacidades a través do adestramento físico e psíquico ante posibles situacións de violencia. Ten unha duración de 8 horas e estará dividido en dous días, o sábado 27 de novembro e o sábado 4 de decembro de 17:00h a 21:00h (2ª parte). O curso vai ser impartido por monitorado especialista en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.
Para inscribirse no obradoiro as mulleres interesadas teñen que dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, Centro Municipal de Benestar Social, ubicado na rúa Andalucía, 3 baixo (edificio Xoia), antes do 24 de novembro.
As 20:00h Teatro Anatomía dunha Serea de Iria Pinheiro no Auditorio Municipal.