Convoca aos propietarios e propietarias de establecementos a unha reunión no salón de actos o xoves 19 para coñecer os detalles da campaña impulsada pola Mancomunidade do Morrazo

O salón de plenos do Concello de Cangas acollerá o vindeiro xoves 19 de maio unha reunión convocada pola Mancomunidade de Concellos do Morrazo á que está convocado todo o sector hostaleiro do municipio. Neste encontro explicarase polo miudo a nova campaña de recollida de residuos orgánicos que a Mancomunidade está a por en marcha para os grandes produtores e que busca, coa recollida Porta a Porta, mellorar a xestión deste tipo de lixo e incrementar as taxas de reciclaxe para aproximarse aos obxectivos das diferentes normativas; europea, estatal e autonómica.

Desde o Concello de Cangas recordan que a normativa europea e estatal esixen acadar o 55% na reutilización e na reciclaxe dos residuos domésticos en 2025. Ademais, a nova lei de residuos de Galicia esixe instaurar antes do 31 de decembro de 2023 a recollida separada dos biorresiduos. Para chegar a estes obxectivos, tanto as administracións públicas como o tecido empresarial e os propios cidadáns, deben asumir as súas respectivas responsabilidades e ser parte activa na recollida e na xestión do lixo.

De aí que a Mancomunidade deseñe unha campaña específica para a hostalaría, xa que un dos principais xeradores de biorresiduos son os establecementos de restauración e hostalería. Por eso a importanica da implicación e colaboración do sector á hora de separar correctamente estes residuos.

Os hostaleiros e hostaleiras que se adhiran a esta campaña recibirán a visita do noso persoal técnico da Mancomunidade, que lles informará sobre a dinámica da separación en orixe e a nova sistemática do colector marrón. Ademais recibirán un colector para poder realizar a separación dos biorresiduos cunha maior comodidade no seu propio local.

Na reunión do xoves 19, ás 17 horas, no salón de actos do Concello de Cangas explicarase de xeito pormenorizado os detalles desta nova campaña que axudará a conseguir aforros económicos para todos e un municipio máis ecolóxico e sostible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *