A Concellería de Turismo de Cangas instalará paneis informativos polo casco antigo que contribúan a por en valor o patrimonio cultural e histórico da vila, dentro do proxecto “sinalización do casco histórico de Cangas”
Este proxecto realizase con cargo a subvención “para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021” que convoca a Deputación de Pontevedra.
O proxecto ten un importe total de 18.016,90 €, aportando a Deputación de Pontevedra a cantidade de 9.078,46 € ao Concello de Cangas para LIÑA B- Sinalización do Patrimonio Histórico Cultural.
A empresa Acitania Arqueoloxia, adxudicataria da obra, será a encargada de instalar os 14 puntos a sinalar, entre os que se atopan, o Barrio do Outeiro, o lavadoiro da Fonte Ferreira, a ExColexiata Santiago de Cangas ou as casas de patín.
Os textos que se inclúen nos paneis van acompañados de ilustracións e fotografías que axuden a por en valor os elementos destacados e recollen un código QR que facilita a súa lectura ás persoas con discapacidade.