Dúas persoas resultaron feridas leves este mediodía en A Magdalena, detrás da gasolineira, tras chocar o vehículo no que viaxaban cunha camioneta que circulaba diante por mor do impacto dun camión que ía tras eles.

Segundo Protección Civil de Cangas, que interveu no operativo, a camioneta dispoñíase a virar á esquerda, unha manobra que viu o condutor do vehículo pero non o camión que circulaba en terceiro lugar. Por este motivo, impactou contra o coche e este á súa vez contra a camioneta dianteira.

Tanto o condutor como o seu acompañante foron trasladados a un centro hospitalario afectados de dor cervical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *