Contratatados a Ecoplanin Xestión e Información Ambiental SL os traballos de protección do sistema dunar de Areamilla por importe de 28.392 euros. A actuación conta cos permisos de Costas do Estado, Costas da Xunta, Consellería de Medio Ambiente e informe do Plan de Ordenación do Litoral, organismos con competencias no entorno.
Renovarase o valado e os peches, acondicionarase o terreno circundante e un refuxio para ocultar os contenedores de residuos, trasladarase a actual pista de volei-praia á explanada próxima, fora da zona dunar, e acondicionarase a senda peonil e os accesos á praia.
Por último, limparanse e trataranse os baños e casetas de socorristas e os elementos de madeira que protexen o tráfico rodado e retiraranse especies invasoras como as uñas de gato e as zarzas.