Dende mañá día 5 de agosto e ata o sábado 7, doce comercios de Bueu convértense en espazos para atopar “gangas” con descontos que chegarán ata o 80%

Doce establecementos de Bueu ofertan durante os días 5, 6 e 7 de agosto grandes descontos nunha ampla selección de produtos a prezo de “ganga”. A iniciativa, que xurdiu dos propios comerciantes, está organizada por Fecimo e conta coa colaboración do Concello de Bueu.

OSBS Clothing, Xoiería Castro, Nene ́s Moda, Noutrora Informática, Irelba lencería, Regalia, Oxford Boutique, Carmen Davila, Pepeluchos, Divinas, Calzados Torrevella e Xoiería Artegalia participan en “Bueu NonStock” que nace da idea de sacar o stock das tendas participantes, con descontos que comezarán no 40% e nos que poderemos incluso atopar ofertas 2×1 e outros que chegarán ata o 80% tal e como nos anuncian algúns deste comercios participantes. Cabe destacar que os establecementos ampliarán o seu horario normal de apertura ata ás 22.00 h.

Ademais con cada compra os clientes poderán participar no sorteo de 300 euros en premios directos que serán entregados en Tarxetas Comercio do Comercio do Morrazo que logo poderán ser canxeadas por calquera produto nos establecementos asociados de Bueu.

Con esta campaña comezan uns días de grandes descontos que rematarán a vindeira semana coa Feira de Oportunidades do Morrazo que terá lugar nos Xardíns do Sinal en Cangas do Morrazo.

Dende o Comercio participante, organización e Concello anímase a tódalas persoas a achegarse a Bueu e gozar duns días de compras onde atopar “gangas” será moi doado. No tocante á seguridade, dende Fecimo queremos lembrar ás persoas visitantes a necesidade de que tódalas partes poñan o seu gran de area no respecto das normas de seguridade, algo que vai no beneficio de todos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *