Entrada do feretro ao cemiterio.

Bueu deu esta tarde sepultura a Fernando Santomé Ferradás, o veciño da parroquia de Beluso falecido no naufraxio do Villa de Pitanxo. Foi un enterro ao que acudiron familiares e coñecidos do `Nando´e tamén representantes da política. Acudiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en nome da Xunta, e tamén os portavoces de todos os grupos políticos da corporación municipal de Bueu, ademais do seu alcalde, Félix Juncal.

En Cangas, os peruanos Diego e Daniel More serán enterrados o xoves. Desde mañá serán velados no tanatorio do municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *