Os permisos para as zonas públicas dependerán das indicacións das autoridades sanitarias
Segundo informa o concelleiro de Urbanismo de Bueu, Martín Villanueva, están a traballar para autorizar aquelas fogueiras para San Xoán que se realicen en terreos privados. Mentres tanto, os permisos para aquelas en zonas públicas quedan no aire a expensas do que vaian indicando as autoridades sanitarias.
En calquera caso, indican, o Concello publicará un bando como todos os anos coas normas e requisitos para as solicitudes das fogueiras.