Visita da concelleira ao centro terapéutico de Briz.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o presidente de Afapo, Jose Manuel Fontenla, pecharon esta semana o inicio desta actividade, cun máximo de 15 persoas por sesión

A Finca de Briz volve acoller este ano os Obradoiros de Envellecemento Activos,
organizados por Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos y otras Demencias
de Pontevedra) en colaboración co Concello de Marín na Finca de Briz, onde está
tamén en funcionamento o Centro Terapéutico.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o presidente da entidade
social, Jose Manuel Fontenla, pecharon esta semana aos detalles de inicio da
actividade, da que se poderán beneficiar ata 30 usuarios, 15 por cada sesión
semanal.

Este obradoiro reactívase “despois da éxito que provocaron as anteriores edicións
e de que tivese que suspenderse a súa organización por mor da Covid19”. Os
potenciais usuarios son persoas a partor dos 55 anos de idade que carezan de
diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, debido ao obxectivo
fundamental deste obradoiro, que é o de previr e fomentar o envellecemento
activo.

As persoas que estean interesadas, pasarán por unha avaliación inicial por parte
das traballadoras sociais de Afapo, para coñecer a situación cognitiva de cada un
dos usuarios e poder programar actividades de carácter individual que estean
adaptadas ao nivel de cada un.

Levaranse a cabo traballos grupais con distintas técnicas que fomenten a
cohesión entre as persoas, a sociabilidade, a diversión, o coñecemento mutuo e o
traballo en equipo. Ademais, realizaranse exercicios cos que traballar a memoria, a linguaxe, a escritura, o cálculo, a atención, a reminiscencia e outras funcións.

Os obradoiros realizaranse dous días á semana, os luns e os mércores, cunha
duración dunha hora e media cada sesión. Cada praza terá un custo de 25 euros,
15 dos cales serán aportados polo Concello de Marín e 10 polo participante.
As familias ou persoas interesadas no obradoiro poden poñerse en contacto con
Afapo no teléfono 986842141.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *