Unha marquesina nova no Igresario.

O Concello de Marín vén de levar a cabo nas últimas semanas unha batería de actuacións de mellora e mantemento en distintos puntos do rural, cunha inversión cercana aos 14.400 euros.

Por unha banda, no que respecta a mobiliario urbano, repúxose unha marquesiña no Igrexario de Ardán, por un importe de 2.153,80 euros.

Asemade, reparáronse e pavimentáronse algúns tramos de pequenos camiños que dan acceso a varias vivendas en Viñas Blancas, Hortiña e Moreira.

Con estas actuacións, desde o Concello séguese a traballar na mellora do espazo rural de Marín, que conta con moita poboación de xeito continuado ao longo do ano, pero que ademais gaña habitantes na época do verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *