O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta as instalacións da Comunidade de Usuarios Balteiro, no concello de Vilaboa, que recibiu unha axuda de 12.000 euros da Xunta para mellorar as súas infraestruturas.
Estas axudas, xestionadas pola dirección xeral de Administración Local, beneficiaron a máis de 100 entidades na área territorial de Pontevedra, cunha achega total nesta área de máis de un millón de euros entre a liña destinada a obras e a destinada a compra de material. No concello de Vilaboa tamén se beneficiou destas axudas a Comunidade de Usuarios de Abastecemento Río do Barco e a Comunidade de Traída de Augas de Vilaboa. O total investido neste concello a través desta liña foi de preto de 34.000 euros.
No caso da comunidade de usuarios de Balteiro, o investimento da Xunta permitiu reparar as perdas dos depósitos individuais, o que mellora o aproveitamento da auga e permite un maior control da súa calidade. Ademais, os usuarios ampliaron o sistema de tele control da ETAP, o que lles permite obter gráficas do nivel de cloración en tempo real e actuar de forma rápida en caso de que fora necesario.