Portas e o PP votando en contra das liberacións do goberno.

O PP xa manifestara o seu voto en contra e que a proposta de dedicacións e compensacións económicas saíse adianta dependía do voto favorable da ex alcaldesa, Victoria Portas, pero o goberno local non o obtivo

O voto en contra da portavoz de Alternativa dos Veciños (AV) de Cangas, a ex alcaldesa Victoria Portas, xunto ao do PP, deixou sen soldos á rexedora, a nacionalista Araceli Gestido, e ás súas concelleiros de BNG, PSdeG e EU. Hai apenas uns minutos que finalizou o pleno convocado polo tripartito para «aprobar» as dedicacións exclusivas e parciais e as súas remuneracións acordadas polos tres partidos, pero que finalmente non saíron adiante polos votos en contra de AV e PP, que xa anunciara o seu rexeitamento. Só quedaba a dúbida do que faría Portas, que finalmente tamén decidiu non apoiar as dedicacións. «Non se nos chama á última mesa de negociación mentres a alcaldesa reclama diálogo e consenso, non se nos chama a negociar para este pleno e a alcaldesa reclama diálogo e consenso», reprochou a líder de AV na súa intervención recriminando, ademais, ao goberno que quixesen impoñer un incremento do 38 por cento en soldos respecto ao mandato anterior». «Non é tanto o fondo, son as formas. No nos chaman desde o 14 de xuño e ademáis din que deixamos o Concello en bancarrota cando non puideron velas ata hoxe porque estaban encriptadas polo ciberataque», dixo.

Un pacto a tres insuficiente que, para que tivese validez, necesitaba pasar por pleno e contar co apoio maioritario da corporación municipal ou, o que é o mesmo, lograr o apoio da concelleira de AV que de momento non fixera público cal sería o seu voto, acordado en asemblea a pasada semana pero que mantivo en segredo ata o momento da votación. A pesar de que está conformado por tres partidos políticos, non contan coa maioría suficiente para aprobar as propostas que leven a pleno. Tanto a dos soldos de hoxe como calquera outra durante os catro anos necesitan obligatoriamente de AV, que decidió non entrar no goberno. Mostra disto é que outras cuestións como as das competencias que terá que Xunta de Goberno Local ou a representación nas comisións, que también estaban incluidas en el orden del día, tamén quedaron no camiño.

«Soldos razoables dentro da legalidade»

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Óliver Álvarez, defendeu que os salarios que propoñían eran «razoables» e que se atopan «dentro da legalidade». Aínda así, e tras coñecer que non obterían o voto favorable de AV, Álvarez quixo aclarar que a pesar de non contar cunha remuneración polo traballo «imos seguir dedicándolle o 100 % das nosas forzas aos veciños de Cangas».

Moi crítica, acalorada e efusiva foi a portavoz do PSdeG, Iria Malvido, quen reprochou a Portas as súas esixencias nas negociacións previas ao pleno de investidura. «Ti querías cobrar 37.000 euros pero levantáchesche da mesa porque che dixeron que só cobrarías a mirade», afeou Malvo, recriminando á ex alcaldesa que «unha muller de esquerdas» non apoie «a dignificación da política».

O PP foi na mesma liña que Victoria Portas, criticando o incremento dos soldos sen motivo. «É bo e necesario dignificar o política pero debe de facerse con proporcionalidade», expresou Pío Millán para acusar o goberno local de mentir cando din que algúns dos seus membros cobrarán menos na política que nos seus traballos. «Non é certo», afirmou o concelleiro popular.

De saír adiante a alcaldesa percibiría ao redor dos 49.000 euros brutos anuais en catorce pagas, excluída a Seguridade Social ou o remite de mutualidade equivalente a cargo do Concello. Mensualmente recibiría uns 2.400 euros netos. O edil de Urbanismo, Antón Iglesias; o seu compañeiro Óliver Álvarez; e a socialista Iria Malvido recibirían 37.472 euros brutos ou, o que é o mesmo, 1.700 euros de nómina. Pola súa banda, Aurora Prieto, de EU, esperaba recibir 18.736,27 euros brutos tamén en 14 pagas e sen incluír Seguridade Social e Mutualidade.

Estes soldos, que supoñería un gasto total a 180.197,43 euros por ano, ao que habería que engadir o custo das cotizacións.

Victoria Portas sentou na segunda fila da bancada que tamén ocupan os tres partidos do goberno, ao contrario que fixo no pleno de investidura que se posicionou no lado da oposición. No público, familiares e simpatizantes dos diferentes partidos políticos da corporación. Se masticaba tensión e, de feito, houbo cruces de palabras entre uns e outros. Tamén aplausos e apupos dependendo da intervención.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *