A directiva da Voz da Sanidade acordou poñer a disposición da veciñanza de Cangas un autobús de balde para acudir o domingo 14 de Novembro á Manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela ás 12:00 horas. Unha marcha convocada por SOS Sanidade Pública de Galicia baixo o lema «Salvemos a Atención Primaria». Está previsto que o autobús parta as 10:00 da estación de autobuses e regrese ao mesmo lugar ao finalizar.
Os interesados podedes chamar para reservar praza no autobús aos teléfonos 655 08 22 49 – 636 91 23 59.
Por outro lado, mañá venres a partir das 11:00 membros da Voz da Sanidade estarán fronte ao Concello, na praza da Palma, recollendo sinaturas a prol da Atención Primaria. As persoas interesadas en asistir á manifestación poden achegarse a este punto para anotarse no autobús.