O Concello de Cangas adxudica a través dun contrato menor de 36.080,69 euros, IVE incluído, ás empresa Nemesio Ordoñez S.A. (NOSA) as obras de pavimentación da rúa Curros Enríquez. Trátase duns traballos de mellora da superficie do vial financiados co Plan Concellos da Deputación 2021.
O pasado 28 de outubro a Comisión de Valoración outorgou a maior puntuación a esta proposta (100 puntos), por encima de Construcciones Lemos Martínez, Covsa ou Explotacións Mineiras do Morrazo que obtivo o cuarto lugar. Por detrás Zona de Obra O Rosal S.L.U., Catorvi Escavacións, Endenor e, por último, Narom.