A delegada territorial xunto cos representantes de Protección Civil de Cangas e O Porriño.

“Quixemos manter un encontro de contacto para amosarlles o total respaldo da Xunta de Galicia e para escoitar as súas inquedanzas e necesidades nas vésperas do seu encontro anual, que vai ter lugar mañá en Cangas do Morrazo e que vai contar coa presenza dunhas quince agrupacións e preto dun cento de persoas”, detallou o o delegado territorial da Xunta, Luis López, que revelou que a administración autonómica outorga anualmente unha achega de 5.500 euros a esta entidade provincial a través dun convenio para gastos de funcionamento e destinados a actividades de prevención, promoción, divulgación, información, formación e socorro.

O encontro terá lugar na sala de exposicións do futuro auditorio Xosé Manuel Pazos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *