Está aberta ao público na cuarta planta das instalacións de El Corte Inglés en Vigo ata o 6 de febreiro
Os traxes típicos de madamas e galáns participarán ata o 6 de febreiro na exposición temporal que sobre o Entroido Galego organiza El Corte Inglés na cuarta planta das súas instalacións en Vigo.
As persoas que se acheguen observarán con detalle o artesanal traballo de preparación das roupas, con especial atención aos complementos de xoeiría.
Trátase dun Entroido que desbotou as máscaras e antifaces e mantivo intacto o esmero e a pulcritude en cada un dos detalles dos traxes, nos que cintas, abalorios e reloxes son elementos que dan vestosidade ao conxunto no que o verdadeiro protagonista é o suntuoso sombreiro, verdadeira xoia artesanal, concebida para a relaxación visual grazas á policromía e perfecta harmonía das múltiples pezas que o compoñen: multitude de brillantes e pequenos adornos, flores, trozos de espellos, bonecos pequenos e prolongándose pola espalda cintas que estilizan a figura da rapaza. Arredor da base do sombreiro, hai plumas que con outros adornos recubren o armazón de palla, chegando a pesar cada peza sobre 7 kilos. Logo, as mellores xoias de ouro sobre o gorro e o peto subraian a grandeza do insólito ropaxe.
Tamén os galáns lucen un sombreiro similar, ainda que máis lixeiro e a súa vestimenta, ainda que con moitas similitudes coas da madama, limítase a unha camisa branca con adornos de cintas de cores, garavata, pano de seda que cubre a cintura ata as rodillas, pantalón branco con liña lateral de cor vivo e zapato negro.
Os traxes do Entroido de Cobres lucen xunto ás ventimentas típicas doutros novos entroidos galegos.