O Golf no que viaxaban os falecidos e que circulaba con exceso de velocidade, segundo a Policía Local.

A Policía Local de Marín, instructora do accidente de Coirados no que onte faleceron dous mozos menores de idade, fai público que «inicialmente, as probas ata agora recabadas indican un exceso de velocidade por parte do conductor do Golf» no que viaxaban pola PO-313 en dirección Moaña.

Trátase de dous veciños de Marín de 16 e 17 anos. Un dos menores pertence a unha familia moi coñecida de Marín por rexentar un establecemento no centro da localidade e o outro é veciño de Mogor. O conductor do coche deu negativo no control de alcool e drogas.

A Corporación marinense vén de decretar dous días de loito oficial, hoxe e mañá, en todo o municipio como «manifestación de dó e coa intención de acompañar ás familias no duro camiño que lles toca percorrer», tal e como se pode ler na Resolución de Alcaldía, polo triste falecemento de Rubén Farto e Brais Sestelo, os dous mozos falecidos onte nun accidente de tráfico. As bandeiras dos edificios institucionais ondearán a media asta e suspenderanse todos os actos e as actividades culturais, deportivas e de ocio programadas para estes días.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *