Estado no que quedaron os dos vehículos tras o impacto.

Tráxico accidente esta noite en Marín. Dous mozos faleceron tras chocar o coche no que viaxaban con outro frontalmente en Coirados, na PO-313, fronte á farmacia, a iso das 21:23 horas de hoxe. Unha terceira persoa, unha moza que ía no asento do copiloto, resultou ferida grave. O condutor, de 20 anos, atópase en bo estado ao non resultar ferido.

Uno dos vehículos, un Golf, que subía a estrada, perdeu o control e o outro coche, que baixaba, non puido esquivalo.

Os dous mozos ocupantes dos asentos de atrás do Golf son os que faleceron no accidente. Trátase de dous veciños de Marín de 16 e 17 anos. Un dos menores pertence a unha familia moi coñecida de Marín por rexentar un establecemento no centro da localidade e o outro é veciño de Mogor.

O conductor do coche deu negativo no control de alcool e drogas.

As dilixencias serán instruidas pola Policía Local de Marín.

Desde o Concello, lamentan enormemente esta tráxica nova e trasladan as nosas condolencias a familiares e seres queridos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *